O Galaico termina en segundo lugar na Copa de España de Augas Abertas

Pontevedra
18 de outubro 2016

O club pontevedrés non puido revalidar o seu título por equipos pero subiuse ao segundo do podio na competición que concluíu a pasada fin de semana na localidade malagueña de Fuengirola

O equipo do Galaico (esquerda) no podio da Copa de España de Augas Abertas
O equipo do Galaico (esquerda) no podio da Copa de España de Augas Abertas / CN Galaico

Bo resultado do Club Natación Galaico na localidade malaguela de Fuengirola, na que se pechou a fin de semana a Copa de España de Augas Abertas.

O club pontevedrés non puido revalidar o título conquistado hai un ano, pero subiuse ao segundo chanzo do podio na clasificación por equipos.

Águeda Cons foi segunda na categoría junior, Daniel Sánchez quinto, Cristian Fernández terceiro en idade senior e Carla Goyanes quinta na categoría infantil, dando os puntos necesarios ao Galaico para empolicarse ao podio.

A nivel individual, na xeral da Copa, Águeda Cons concluíu segunda na súa categoría, do mesmo xeito que Daniel Sánchez en Junior 2, mentres Cristian Fernández foi terceiro en idade senior.

En Fuengirola non estaba Paula Goyanes, que achegase un bo número de puntos. A deportista pontevedresa aproveitou a fin de semana para participar no Swim Marathon disputado na localidade portuguesa de Funchal (Madeira) sobre unha distancia de 10 quilómetros finalizando na sexta posición.