O Galaico, a polo título da Copa de España de Augas Abertas

Pontevedra
13 de outubro 2016

O club pontevedrés chega á última cita do calendario, en Fuengirola (Málaga), con opcións de revalidar o título logrado hai un ano, aínda que contará coa baixa de Paula Goyanes ao atoparse concentrada co equipo nacional

Nadadores do Galaico no Campionato de España de Augas Abertas
Nadadores do Galaico no Campionato de España de Augas Abertas

A localidade malagueña de Fuengirola será este domingo 16 de outubro a última parada da Copa de España de Augas Abertas, unha cita á que chega con todas as opcións o Club Natación Galaico.

O club pontevedrés buscará revalidar o título da pasada tempada, pero non o terá sinxelo ao ter que sobrepoñerse á ausencia de Paula Goyanes, concentrada co equipo nacional para participar nunha proba internacional en Madeira, puntuable para a Copa de Europa.

Non estará a nadadora junior pero si Águeda Cons, na categoría Junior 1, Daniel Sánchez na Junior 2, Cristian Fernández na Senior e Carla Goyanes na Infantil.

A etapa final da Copa de España disputarase sobre unha distancia de 3.500 metros. Na mesma, ademais do título de clubs, o Galaico opta a algunha vitoria a nivel individual.