Tras quince días sen anunciar ningunha fichaxe nin renovación, o Pontevedra Club de Fútbol por fin pronunciouse publicamente.
Tras o adeus de Óscar Castellano, Chiqui, o club granate anunciou unha nova fichaxe de cara á nova tempada.
Trátase do centrocampista Alain Ribeiro (Sopelana, 1997), un mediocentro ofensivo.
O xogador procede do Club Deportivo Numancia, onde xogou as dúas últimas tempadas. Na máis recente, disputou 34 partidos e anotou 8 goles.
Anteriormente militou no Logroñés, Tudelano e Barakaldo, entre outros.
Este é a segunda fichaxe do Pontevedra Club de Fútbol.
É a sexta peza confirmada no novo proxecto, no que estarán Víctor Eimil, Brais Abelenda, Álex González, Miguel Cuesta e Yelko Pino.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.