Alba Trigo soña co podio no Mundial Optimist

O Salnés
29 de xuño 2016

A xoven regatista cambadesa do Náutico de Sanxenxo marcha terceira na clasificación feminina (30 na xeral) tras tres xornadas de regatas no Campionato do Mundo que se está celebrando na localidade portuguesa de Vilamoura

Alba Trigo no Mundial Optimist de Vilamoura
Alba Trigo no Mundial Optimist de Vilamoura / Pep Portas / AECIO IODA España

O Campionato do Mundo de Vela para a Clase Optimist, categoría na que os deportistas empezan a competir internacionalmente, está a resultar moi positivo para Alba Trigo Piñeiro.

A xoven regatista cambadesa do Náutico de Sanxenxo está a protagonizar un gran campionato na localidade portuguesa de Vilamoura e soña co podio na categoría feminina.

Despois de tres días de regatas, Alba situouse no posto 30 da xeral absoluta, terceira na clasificación feminina, o que lle valeu para meterse no grupo principal da competición, o Ouro, no corte dos 64 mellores.

Dous podios parciais, con senllos terceiros postos, e un posto 21 nas tres mangas disputadas o martes valéronlle para escalar posicións a falta de tres xornadas de competición e seis probas previstas.

Alba Trigo é polo momento a segunda mellor española do Mundial, só superada por Samuel Beneyto (23). Tamén se meteron no Grupo Ouro Alberto Morais (35) e Manuel Álvarez-Dardet.