Alberto Salcedo e Lysvanys Pérez, primeiros clasificados para o Nacional en Pista Cuberta

Pontevedra
06 de xaneiro 2015

Os atletas da Gimnástica lograron a marca mínima na súa primeira competición do ano e estarán os días 21 e 22 de febreiro no Campionato de España que se disputará en Antequera

Alberto Salcedo no Campionato de España en pista cuberta 2013
Alberto Salcedo no Campionato de España en pista cuberta 2013 / Sociedad Gimnástica

Dous atletas da Sociedad Gimnástica lograron, na súa primeira competición do ano, a marca mínima esixida para participar no próximo Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta.

Trátase de Alberto Salcedo e Lysvanys Pérez, primeiros deportistas do club pontevedrés clasificados para a cita que se disputará os días 21 e 22 de febreiro en Antequera.

Precisamente na localidade malagueña Salcedo correu os 200 metros en 21 segundos e 64 centésimas, unha marca que o coloca entre os favoritos para lograr un título que xa conquistou no ano 2013 e que non puido defender por lesión en 2014.

Pola súa parte Lysvanys saltou 2 metros e 7 centímetros en Antequera na modalidade de altura, deixando atrás os problemas físicos que arrastra dende o Nacional Absoluto da pasada tempada, no que se lesionou ao inicio da competición.