A Gimnástica, décimo quinto mellor club de España segundo a Federación Española

Pontevedra
14 de xaneiro 2015

Así o recolle o ranking nacional publicado pola Real Federación Española de Atletismo, sendo a mellor posición na historia do club pontevedrés

Equipo da Sociedade Gimnástica de Pontevedra na Copa Galicia 2014
Equipo da Sociedade Gimnástica de Pontevedra na Copa Galicia 2014 / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Satisfacción na Sociedad Gimnástica tras a publicación do ranking nacional 2014 por parte da Real Federación Española de Atletismo.

Este particular clasificación coloca a entidade pontevedresa como o décimo quinto mellor club de España, o que supón a súa mellor clasificación histórica tras o seu décimo sétimo posto en 2008 e 2010.

A puntuación do ranking obtense en función dos atletas que cada club coloca entre os 50 primeiros en cada unha das probas e disciplinas atléticas do ranking absoluto e entre os 25 primeiros de cada categoría.

Como nos últimos anos o que achega máis puntos é o equipo masculino que milita na División de Honra, sexto de España a pasada tempada con 3.086 puntos.