A reunión da Comisión de Clubs perfilou a composición da primeira xornada da División de Honra 2015, a falta da confirmación da Federación Española de Atletismo.
A mellor noticia para a Gimnástica, que afronta o seu noveno ano consecutivo na máxima categoría co seu equipo masculino, é que previsiblemente debutará no Estadio de Balaídos de Vigo tras o ascenso do Celta de Vigo.
O conxunto vigués será un dos rivais dunha complicada primeira xornada na que tamén se enfrontará ao Marathon madrileño e á Real Sociedad de San Sebastián, terceiro e cuarto clasificado de División de Honra a pasada tempada.
Dende 2012 a máxima competición de clubs de atletismo non contaba cunha xornada en Galicia. Aquel ano disputouse un encontro en Pereiro de Aguiar.
A primeira xornada disputarase o sábado 9 de maio.