Os atletas da Sociedad Gimnástica afinan a súa preparación cara ao tramo decisivo da tempada que está a punto de comezar.
Entre as citas destacadas sobresae a División de Honra de Clubs, na que a entidade pontevedresa estará representada un ano máis co seu equipo masculino. Iniciarase o 9 de maio e prolongarase tamén durante xuño.
Antes, o próximo 25 de abril, será quenda do Campionato de Galicia de Clubs, no que os rapaces buscarán polo menos repetir o terceiro posto do pasado ano e as rapazas mellorar o quinto.
En maio chegará o autonómico cadete e júnior e o Campionato de Galicia individual, mentres en xuño competirán as categorías xuvenil, júnior e promesa.
Todo para chegar en boa forma a outro dos principais obxectivos do ano, os Campionatos de España individuais que comezarán o último fin de semana de xullo coas categorías promesa e xuvenil e rematarán co nacional absoluto o 1 de agosto.