Boa imaxe da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas

Pontevedra
20 de abril 2015

O equipo maculino do club pontevedrés logrou a medalla de ouro, mentres as rapazas foron segundas

Equipo da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas 2015
Equipo da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas 2015 / Sociedad Gimnástica

Bo papel da Sociedad Gimnástica no primeiro Campionato Galego de Probas Combinadas, celebrado en Vilagarcía.

A pesar das baixas a entidade pontevedresa finalizou no primeiro lugar da competición masculina e logrou a prata na feminina.

En categoría masculina destacou o primeiro posto de Santi Ferrer no Décathlon con 6.300 puntos, mentres Marco Martínez foi terceiro no ÿctatlon cadete con 2.757 puntos e Pablo Torjal sétimo.

Pola súa banda Alesandra Campo foi quinta no Héxatlon cadete con 1.959 puntos con Claudia Fernández sexto (1.889). Ademais Emma Ramos rematou segunda no Héptatlon xuvenil con 2.595 puntos.

CAMPIONATO GALEGO DE MARATÿN

A fin de semana completouna Juan Pazos impoñéndose no Campionato Galego de Maratón na categoría promesa.

Pazos correu na Coruña o seu primeiro maratón en 3 horas e 49 minutos.