O salto de calidade que deu esta tempada o equipo feminino da Sociedad Gimnástica empeza ter reflexo na puntuación que acumula o club no que vai de tempada.
Se o pasado ano as atletas pontevedresas sumaro 11.266 puntos no estadillo de marcas da Federación Española, o que lles deixou fóra da final da Segunda División por un só posto, ata agora esta tempada lograron xa 13.050 puntos.
Isto débese ás boas actuacións nas últimas competicións, como o terceiro posto no Campionato Galego de Clubs, e supón na práctica a clasificación para a final entre os oito mellores equipos da Segunda División nacional.
A actuación en Ferrol hai uns días resultou clave xa que das 18 marcas que presentan as atletas da Gimnástica nove se lograron no campionato autonómico, sendo Eva Iglesias a atleta que máis puntos achega (1.006 puntos).
Con todo non será ata finais de maio cando a Real Federación Española de Atletismo faga públicas todas as puntuacións e confirme os oito equipos clasificados para a final a oito.