As rapazas da Gimnástica buscarán en Soria o ascenso á Primeira División

Pontevedra
29 de maio 2015

A Real Federación Española de Atletismo fixa en Soria a sede da final de Segunda División, na que o equipo feminino do club pontevedrés buscará un ascenso o que tivo que renunciar en 2012 por motivos económicos

Equipo feminino da Sociedad Gimnástica
Equipo feminino da Sociedad Gimnástica / Sociedad Gimnástica

En 2012 tivo que renunciar ao ascenso por motivos económicos, pero o equipo feminino da Sociedad Gimnástica volve á carga co obxectivo de subir a Primeira División.

A Real Federación Española de Atletismo confirmou a Soria como sede da final da Segunda División, na que as pontevedresas se clasificaron co segundo mellor rexistro do estadillo de marcas.

Na localidade castelán-leonesa loitarán por ocupar unha das dúas prazas que lle empurrarían a Primeira.

Segundo o publicado polo ente federativo, finalmente os rivais da Gimnástica en Soria serán: Lucus, Vila de Cangas, Vélez de Málaga, Bahía Algeciras, Hinaco Monzón de Huesca, Perciania-Extremadura e Correr el Garvi de Valencia.

A competición con estes oito clubs desenvolverase o próximo domingo 14 de xuño.