A pouco máis dunha semana para a disputa do Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta os atletas da Sociedad Gimnástica buscan apurar a súa preparación nas competicións da fin de semana.
Trátase para moitos deportistas da última ocasión para lograr a marca mínima esixida pola Federación Galega.
A maior concentración de atletas pontevedreses darase no Pavillón dos Remedios de Ourense, cunha trintena de integrantes da Gimnástica inscritos nas probas de 60 metros, 60 valos, salto de lonxitude e triplo salto.
A Coruña acolle ademais outra xornada na que estará presente Víctor Gallego en lanzamento de peso.
Pola súa banda en Madrid competirán Enriq Oriol en pértega e Eduardo Gallardo xunto a Gonzalo Sánchez-Camacho nos 60 metros.
Completan a fin de semana Lysvanys Pérez (altura) en Antequera, en Valladolid Alejandro Otón (60 valos) e Manuel Molinos (altura) e en Valencia David Martínez (1.500 metros).
TERCEIRA XORNADA DO XOGATLÿN
En canto ás categorías de base, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollerá a terceira xornada do Xogatlón, destinada aos integrantes da Escola Municipal de Atletismo.
Nesta ocasión disputaranse as probas de triplo salto, lanzamento de disco e 60 metros valos.