Alejandro Luna, do Supermercados Froiz, campión da etapa raíña na Volta a Estremadura

Pontevedra
19 de marzo 2023

Sábado redondo para o GD Supermecados Froiz na etapa reina da Volta a Estremadura coa vitoria de Alejandro Luna e un segundo posto por equipos  

Alejandro Luna, no podio da Volta a Extremadura
Alejandro Luna, no podio da Volta a Extremadura

Sábado redondo para o GD Supermecados Froiz na etapa reina da Volta a Estremadura coa vitoria de Alejandro Luna e un segundo posto por equipos.

Foi unha gran etapa de todo o equipo. Produciuse un corte de Fernando Santos na escapada e, a 15 quilómetros de meta, probouno, e foise só.

Con todo, por detrás ía outro grupo entre os que estaba Alejandro Luna, deu caza ao seu compañeiro e xuntos foron ata pé de porto para que Luna cruzase a liña de meta en solitario. José Autran, outro dos corredores do Froiz, tamén entrou no grupo de favoritos cun décimo posto na xeral, o que permitiu á escuadra alimenticia facerse co segundo posto por equipos.

En Zamora, pola súa banda, produciuse unha fuga a 27 quilómetros de meta de 6 corredores onde se meteu Vicente Rojas, chegando ao sprint final conseguindo un meritorio terceiro posto.

O Froiz, neste caso, logrou a primeira praza por equipos asinando unha boa actuación no Trofeo Ayuntamiento de Zamora.