Cara e cruz para a arbitraxe pontevedresa.
Despois de cinco tempadas como colexiado de Primeira División, Alejandro Muñiz Ruiz perdeu a categoría tal e como confirma o informe arbitral feito público polo Comité Técnico de Árbitros (CTA).
Trátase de toda unha sorpresa, posto que o pontevedrés era un dos colexiados que contaba actualmente coa categoría de internacional, polo que a súa decenso suporalle á súa vez perder a escarapela da FIFA.
Tras o seu decenso Muñiz Ruiz pasa a formar parte do grupo especialista en asistencia de vídeo (videoarbitraxe VAR).
O representante do CTA de Pontevedra pon fin desta forma a unha traxectoria de Primeira División con 94 partidos dirixidos na máxima categoría nacional.
Ademais chegou a arbitrar tres encontros da fase de clasificación da Champions League, un de Conference League e tamén outro da fase final da Supercopa.
Xunto a Alejandro Muñiz descenderon en Primeira División os colexiados Guillermo Cuadra, Iosu Galech e José Luís Guzmán.
ASCENSO DE SERGIO DOVAL A SEGUNDA DIVISIÓN

A boa noticia para a arbitraxe pontevedresa chegou en forma de ascenso para Sergio Doval.
Tras só dúas tempadas en Primeira RFEF e tras participar no recente play-off de ascenso, é un do oito novos asistente seleccionados para a Segunda División.
Un salto de categoría que lle supón ademais o premio de chegar a converterse en árbitro profesional.