O Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Real Federación Española de Fútbol fixo público este martes o informe arbitral da tempada 2024/25 para as categorías profesionais.
Unha das concluesiones do citado documento é que o pontevedrés Alejandro Muñiz Ruiz seguirá unha tempada máis como representante da arbitraxe galega na Primeira División.
O colexiado pontevedrés afrontará desta forma a súa quinta campaña consecutiva na máxima categoría.
Ademais o CTA manteno na selecta lista de 15 árbitros propostos como internacionais FIFA, categoría que ostenta desde finais de 2023.
De feito Muñiz Ruiz xa debutou como árbitro de Champions League cun encontro da fase de clasificación e dirixiu outro máis na Conference League.
No que respecta á Primeira División, suma xa 76 encontros na máxima categoría nacional, aos que se engaden 16 de Copa do Rei e 1 máis de Supercopa de España.
O tres árbitros que causan baixa este curso en Primeira son o asturiano Pablo González Fuertes, o andaluz Mario Melero López e o canario Juan Luís Pulido Santana.
Pola contra ascenden o navarro Iosu Galech Apezteguía, o andaluz José Luís Guzmán Mansilla e o rioxano Miguel Sesma Espinosa.