O Club Bádminton Rvachol Pontevedra segue a sumar pezas para configurar un equipo que pelexe por cotas ambiciosas a próxima tempada na Divisió de Honra nacional.
O último en sumarse ao proxecto pontevedrés é os alemáns Patrick e Franziska Volkmann.
Xogadores que reforzan desta forma o plantel máis internacional do Ravachol.
Patrick é "un especialista en dobres de primeiro nivel", afirma o club.
Unha fichaxe ambiciosa e da que espera moito o Bádminton Pontevedra, e é que "coa súa garra e talento, reforzamos o equipo para soñar máis alto que nunca", aseguran.
Tamén Franziska Volkmann é "unha auténtica especialista en dobres cun percorrido internacional brillante".
Os Volkmann súmanse desta forma a unha listaxe de xogadores á que tamén chega esta tempada o inglés de orixe india Sid Palakkal, e no que continúan talentos internacionais como os franceses Emilie Drouin e Leo Van Gysel e os británicos Félix Wright, Lisa Curtin e Georgina Bland.
O equipo pontevedrés segurou ademais a continuidade da maior parte do grupo das últimas tempadas e que chegou a pelexar polo título de liga en 2024.
Trátase de xogadores como Gabriel Fernández, Javier Suárez, Hugo Salgueiro, Marco Fernández, Elena Fernández, Iziar Barcala, Carmen Carro, Jacobo Fernández e Raúl Bergua.