Álex Chan non baixa do barco do Cisne e tamén seguirá co equipo en Asobal

Pontevedra
25 de xullo 2022

O central pontevedrés, unha das pezas clave do equipo nos últimos anos, seguirá un ano máis no equipo achegando "experiencia e liderado", asegura o club

Álex Chan, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Villa de Aranda no Pavillón Municipal
Álex Chan, no partido de División Honra Prata entre Cisne e Villa de Aranda no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

Era un dos poucos nomes que faltaba por confirmar no Club Cisne Balonmán, pero una das pezas clave no equipo.

Álex Chan seguirá un ano máis defendendo a camiseta de 'o seu' Cisne, apuntándose ao reto de xogar na máxima categoría.

O central pontevedrés, internacional cos Estados Unidos, está chamado a aportar "veteranía e liderado para este novo proxecto en Asobal", sinala o club.

Chan pola súa banda recoñece a súa felicidade por seguir no equipo, animando aos pontevedreses a que "veñades e gocedes connosco".

Coa continuidade de Álex Chan o plantel do Cisne dáse case por pechado con 15 nomes confirmados, ao sumarse aos renovados Dani López, Javi Vázquez, Carlos Álvarez, Rubén Sequeiros, Bruno Vázquez, Carlos Ocaña, Iván Calvo, Román Arboleya, Alejandro Conde, André de Moura e Mateo Arias, aos fichados Kilian Ramírez e Gualther Furtado e á continuidade de Roney Franzini, cedido no tramo final de liga.