Álex González: "Foi unha tempada dura pero confiamos no que fixemos no campo"

Pontevedra
08 de maio 2022

Nun día tan especial como é o de conseguir un ascenso, non podía faltar nas declaracións de despois do partido o capitán e autor do gol, Álex González, que recoñeceu que todos están "moi contentos" porque é algo polo que "levamos todo o ano traballando"

Álex González celebra o seu gol no partido entre Pontevedra e Salamanca da tempada 21-22
Álex González celebra o seu gol no partido entre Pontevedra e Salamanca da tempada 21-22 / Cristina Saiz
Rolda de prensa de Álex González /

Nun día tan especial como é o de conseguir un ascenso, non podía faltar nas declaracións de despois do partido o capitán e autor do gol, Álex González, que recoñeceu que todos están "moi contentos" porque é algo polo que "levamos todo o ano traballando".

Trátase dun ascenso do todo especial e que custou moito traballo e sacrificio xa que desde o principio "empezamos dubitativos pero démoslle a volta. Foi unha tempada dura porque ao final vías que non terminabas de recortar pero confiamos moito no que fixemos no campo".

Parte de 'culpa' diso tena o "equipo unido" que formaron todos os xogadores tanto no verde como fóra, con xente que "xogou pouco pero cando o fixo partiuse a alma. Temos todos moito mérito", confirma.

Tamén esa afección da que tanto se estivo falando ultimamente, e máis este domingo, que non fallou na súa cita en Pasarón e participou nesta data histórica para o club na que foi capaz de darlle "un plus" aos xogadores para logralo. Agora, Álex González espera "que o ano que ven sigan vindo domingo tras domingo porque iso nótase, teñen que saber que son un xogador máis".

En canto ao partido ante o Salamanca, o capitán valorou o traballo que realizaron tantos os seus compañeiros como os do rival, que souberon golpear a un Pontevedra que baixou os brazos pouco despois de que o Unión Adarve encaixase o primeiro dos dous tantos polos que perdeu contra o Mariño de Luanco.

De feito, recoñece que tras escoitar á bancada cantar os goles do Luanco, "o equipo tivo personalidade para facer unha boa xestión do tempo e do balón".