Completado o primeiro mes de competición, o Pontevedra retoma o costume de conceder o premio a xogador do mes ao futbolista que mellor rendeu sobre o céspede, neste caso, durante o mes de outubro. Cos votos dos afeccionados a través da páxina de Facebook do club, Álex González foi o triunfador co 53 % dos votos por diante de Mario Fernández e Imanol.
O novo capitán do equipo anotou dous tantos vitais para conseguir as dúas vitorias, en Ferrol e en Pasarón fronte ao Celta B, que suma o Pontevedra neste inicio de liga. Ademais, o extremo cántabro conseguiu tamén anotar no último desprazamento a Zamora cun tanto moi parecido ao logrado na Malata, pero que o colexiado anulou por fóra de xogo.
Fai unhas semanas, preguntámosvos no noso #Facebook oficial quen era para vós o xogador @estrellagalicia do mes de outubro @Alexgm07 saíu vencedor! Este mediodía recoulleu o premio en #Pasarón.
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 18, 2020
Noraboa, Álex!#HaiQueRoelo pic.twitter.com/FAGTfi7szg
Ao seu coñecido e perigoso desborde por banda e a súa capacidade para colocar centros medidos á cabeza dos dianteiros, González engadiu este curso a faceta de goleador ao seu repertorio. "Agradezo á xente que gastou o seu tempo en votar e aos compañeiros porque o bo facer é cousa do equipo. Os premios individuais veñen sempre polo colectivo", remarcou o capitán granate con humildade.
Durante a entrega dun trofeo que o ano pasada monopolizó Churre, González referiuse ao rival do domingo. "Non está no seu mellor momento pero ten bos futbolistas e moito potencial, esperamos facer un bo partido para quedarnos cos tres puntos", concluíu o novo xefe dun vestiario granate no que os seus dotes de liderado xa eran coñecidas, pero que agora loce exhibe tamén fóra da caseta.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.