Alexis Viéitez e Pablo Rey, nun pano nas dúas primeiras mangas da Subida a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
04 de agosto 2018

Emoción ao máximo tras as dúas primeira quendas da III Subida a Ponte Caldelas. Esta vez Alexis Viéitez atopou nesta primeira xornada dura oposición en Pablo Rey, que se impuxo na primeira manga cun tempo moi axustado de 2:09.917 por 2:09.994 de Alexis, mentres que na segunda impúxose este último, cun tempo de 2:07.925, por 2:08.086 de Pablo, deixando para as dúas subidas de mañá domingo quen leva o triunfo final

Subida a Ponte Caldelas 2018
Subida a Ponte Caldelas 2018 / Diego Torrado

Emoción ao máximo tras as dúas primeira quendas da III Subida a Ponte Caldelas. Esta vez Alexis Viéitez atopou nesta primeira xornada dura oposición en Pablo Rey, que se impuxo na primeira manga cun tempo moi axustado de 2:09.917 por 2:09.994 de Alexis, mentres que na segunda impúxose este último, cun tempo de 2:07.925, por 2:08.086 de Pablo, deixando para as dúas subidas de mañá domingo quen leva o triunfo final.

Finalmente foron nada menos que 75 os vehículos autorizados a tomar a saída nesta terceira edición da Subida a Ponte Caldelas, o que supera amplamente a media de 50 de participantes habitual nas probas do Campionato Galego de Montaña.

Os resultados das dúas primeiras mangas da III Subida a Ponte Caldelas pódense consultar nesta ligazón.

A Subida a Ponte Caldelas estrea trazado, de 4,2 quilómetros de lonxitude e discorre con saída na estrada autonómica PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior) para virar pola vía provincial cara Rebordelo e, antes de Barbudo, volver virar á esquerda pola pista municipal que vai á Esfarrapada, onde se sitúa a meta.

As dúas mangas finais da proba disputaranse este domingo desde as 9:30 horas.