Alexis Viéitez non dá opción aos seus rivais ao vencer nas dúas mangas finais da Subida a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
05 de agosto 2018

Era o gran favorito e confirmou a súa condición nas dúas mangas finais disputadas este domingo. Alexis Viéitez deu un novo paso cara á consecución do Campionato Galego de Montaña de automobilismo, ao vencer con autoridade na III Subida a Ponte Caldelas, superando ao piloto ourensán Pablo Rey, que foi segundo, e que na xornada do sábado discutíralle o triunfo

Subida a Ponte Caldelas 2018
Subida a Ponte Caldelas 2018 / Diego Torrado

Era o gran favorito e confirmou a súa condición nas dúas mangas finais disputadas este domingo. Alexis Viéitez deu un novo paso cara á consecución do Campionato Galego de Montaña de automobilismo, ao vencer con autoridade na III Subida a Ponte Caldelas, superando ao piloto ourensán Pablo Rey, que foi segundo, e que na xornada do sábado discutíralle o triunfo.

O piloto do Buxa Motor Poio dominou con autoridade a terceira manga cun tempo estratosférico de 2:05.334, superando en case oito segundos a Jacobo Senín (Outeda Racing) e deixando a Pablo Rey nun decepcionante sétimo posto, a case 20 segundos de distancia.

Recuperaría o seu papel o ourensán na cuarta e última manga, pero a súa melloría (2:08.897) só lle serviu para ser segundo no parcial, porque o de Tenorio seguiu pisando a fondo para gañar tamén a manga, cun tempo máis discreto (2:07.374), inalcanzable igualmente para todos os seus rivais, o que levaba a Alexis Viéitez ao máis alto do caixón, ao lograr as dúas mellores marcas de todos os participantes nas catro mangas disputadas, con Pablo Rey como segundo clasificado e Jacobo Senín en terceiro lugar..

Destacar de novo a gran cantidade de público que seguiu a proba, desafiando á forte calor reinante.

Os resultados completos da III Subida a Ponte Caldelas pódense consultar nesta ligazón.