Alexis Vieitez impón a súa lei en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
04 de agosto 2019

O piloto pontevedrés foi o máis rápido en todas as mangas disputadas entre o sábado e domingo na Subida a Ponte Caldelas

Subida a Ponte Caldelas
Subida a Ponte Caldelas / Diego Torrado

Alexis Viéitez volveu subirse todo o máis alto do podio na Subida a Ponte Caldelas. O piloto da escuadra Buxa Motor Poio foi o máis rápido nas catro mangas disputadas no trazado caldelano entre o sábado e o domingo. A súa mellor marca chegou na última subida desta mañá ao deter o crono nun minuto e 59 segundos. 

En segundo lugar acabou Alberto Senín, mentres que Miguel García foi terceiro. Con esta vitoria, Vieitez afianza aínda máis o seu liderado na clasificación xeral do Campionato Galego de Montaña

Un dos aspectos máis destacados do evento foi a numerosa presenza de público nunha proba que ano tras ano ve como o número de espectadores aumenta. A pinza que dá acceso á pista de Esfarrapada, pola espectacularidade do paso de pilotos a toda velocidade por esta curva, foi o sitio favorito para a maior parte dos espectadores.

Informan desde o Concello que a organización da proba foi excelente e que non houbo que lamentar ningún tipo de incidente, nin problemas de seguridade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora