Alicia Bouzas colga un bronce no Campionato de España de Natación

Pontevedra
31 de xullo 2023

A deportista pontevedresa do Club Natación Galaico foi terceira na proba de 200 costas na categoría Absoluto Xove do campionato nacional celebrado en Málaga

Deportistas do Galaico no Campionato de España Absoluto de Verán en Málaga
Deportistas do Galaico no Campionato de España Absoluto de Verán en Málaga

Tres deportistas representaron ao Club Natación Galaico no Campionato de España Absoluto Júnior de Verán celebrado en Málaga.

O resultado máis destacado foi o conseguido por Alicia Bouzas na proba sénior das 200 costas. A pontevedresa, que finalizou segunda na final B cun tempo de 2:18.75, colgou unha medalla de bronce ao pescozo ao ser terceira na categoría Absoluto Xove.

Bouzas ademais sumou posto de finalista na mesma categoría, nas 100 costas (1:06.18) e os 200 estilos (2:26.81).

Tamén acudiron ao campionato nacional Antía García e Nicolás Vazquez. A primeira disputou as finais B dos 100 e 50 libre, clasificando nos postos 15 e 16 respectivamente, mentres que Nicolás, de categoría júnior, nadou os 50 e 100 braza finalizando nos postos 25 e 34 respectivamente.