Tres deportistas representaron ao Club Natación Galaico no Campionato de España Absoluto Júnior de Verán celebrado en Málaga.
O resultado máis destacado foi o conseguido por Alicia Bouzas na proba sénior das 200 costas. A pontevedresa, que finalizou segunda na final B cun tempo de 2:18.75, colgou unha medalla de bronce ao pescozo ao ser terceira na categoría Absoluto Xove.
Bouzas ademais sumou posto de finalista na mesma categoría, nas 100 costas (1:06.18) e os 200 estilos (2:26.81).
Tamén acudiron ao campionato nacional Antía García e Nicolás Vazquez. A primeira disputou as finais B dos 100 e 50 libre, clasificando nos postos 15 e 16 respectivamente, mentres que Nicolás, de categoría júnior, nadou os 50 e 100 braza finalizando nos postos 25 e 34 respectivamente.