Amarga eliminación de Pablo Fernández no Campionato do Mundo de Taekwondo

Marín
28 de xuño 2017

O deportista marinense, que debutaba en Korea nun Mundial, cedeu na primeira eliminatoria a pesar de realizar un gran combate ante o marroquí Ayoub Bassel

Pablo Fernández, no Mundial de Taekwondo en Korea
Pablo Fernández, no Mundial de Taekwondo en Korea

Era o seu debut nun Campionato do Mundo, ao que chegaba coa ilusión de ralizar un bo papel, pero non puido pasar da primeira eliminatoria.

Pablo Fernández despediuse ao primeiro de vez no Mundial de taekwondo que se celebra na localidade de Muju, Korea do Sur, a pesar de realizar un bo combate ante Ayoub Bassel na categoría de +87 quilos.

O deportista marinense do Mat's deu a cara no combate ante o seu adversario marroquí, pero terminou cedendo por un apertado tenteo de 11-8.

Fernández aseguraba chegar á cita no "mellor momento de forma da miña vida" despois dunha longa preparación, que incluíu unha concentración previa de adestramento no centro de alto rendemento da capital koreana, Seúl.