O Mace Sport de Pontevedra contará cun representante no próximo Campionato de Europa Junior de taekwondo, que se disputará en Chipre no mes de outubro.
O deportista que logrou un posto no equipo nacional para a cita foi Javier González, despois de brillar na preselección celebrada no Centro de Alto Rendemento de Murcia.
Javier acudiu á cita grazas aos puntos conseguidos no seu momento por ser campión de España por clubs.
En Murcia, o pontevedrés gañou o seu primeiro enfrontamento por un contundente 23-3 ao actual campión nacional por seleccións territoriais, e no seu segundo combate superou ao seu opoñente por 10-0, momento no que o duelo foi parado despois dunha técnica do deportista do Mace Sport á cabeza do seu rival.
Logrado o billete para o Europeo, Javier González afronta agora unha fase de dura preparación para chegar á competición nas mellores condicións posibles co soño de poder pelexar por chegar ata as roldas decisivas.