Boa actuación do Mace Sport no Campionato Internacional de Ourense

Pontevedra
27 de setembro 2017

O equipo pontevedrés brillou na competición celebrada na Cidade das Burgas ao facerse co título de campión absoluto por equipos en categoría feminina e o subcampionato na categoría masculina

Equipo do Mace Sport no campionato internacional Cidade de Ourense
Equipo do Mace Sport no campionato internacional Cidade de Ourense / Mace Sport

Destacado papel do Mace Sport no Campionato Internacional Cidade de Ourense 2017 celebrado a pasada fin de semana.

O club pontevedrés fíxose co título por equipos na categoría absoluta feminina e proclamouse subcampión na categoría absoluta masculina. Ademais foi campión en idade alevín masculina e subcampión junior tamén en categhoría masculina.

A nivel individual Uxía Ogea (-53 quilos), Emilia Pousada (+87), Artai Pazos (-63), Sara Cortegoso (-49) e Jéssica Blanco (-62) fixéronse coa medalla de ouro na categoría absoluta.

Tamén venceron nas súas idades Roi Fraga (Infantil), Diego González (precadete), Álvaro Gutiérrez (precadete), Lois Camiño (cadete), Eduardo Rejo (cadete), Unai Silva (junior) e Giovanni Imparato (junior).

Estes resultados supoñen un importante reforzo para o Mace Sport pensando no Torneo Internacional Cidade de Pontevedra que organizará a finais do mes de outubro.