Ao Mace Sport de taekwondo vaille o negro

Pontevedra
21 de agosto 2017

Nove deportistas do club pontevedrés sometéronse aos exames pertinentes para subir de nivel, conseguindo en varios casos a máxima catalogación, a de cinto negro

Deportistas do Mace Sport que pasaron o exames para subir de nivel
Deportistas do Mace Sport que pasaron o exames para subir de nivel / Mace Sport

Ata nove deportistas do Club Mace Sport de Taekwondo examináronse recientemenrte con éxito para subir de nivel.

Nalgúns dos casos os taekwondistas pontevedreses adquiriron o máximo recoñecemento, o cinto negro, que xa poderán lucir nas súas próximas competicións.

Son os casos de Jairo Pérez, Diego González Pontevedra e Héctor Canabal.

Ademais Andrea González, Diego González García, Daniel Gutiérrez, Carlos Novo e Eduardo Rejo ascenderon á categoría de cinto vermello/negro.

Un impulso máis para un club que se converteu por méritos propios nunha referencia a nivel galego e nacional no seu deporte.