É o seu gran obxectivo da tempada e cada vez está máis preto, pero aínda falta camiño por percorrer.
Marcos Silva logrou a medalla de bronce no Open de Valencia de Técnica e Freestyle, proba puntuable para o ránking de clasificación mundialista nestas modalidades de taekwondo.
O deportista pontevedrés do Mace Sport suma así un importante punto, a pesar de quedar fóra da final na competición valenciana.
Para tentar estar no próximo Campionato do Mundo, Silva deberá lograr un bo resultado no próximo Campionato de España e tamén acudir a algún outro torneo open que lle outorgue os puntos necesarios.