Febre polo taekwondo no Pavillón Municipal

Pontevedra
29 de outubro 2017

Máis dun milleiro de deportistas danse cita este fin de semana na XX edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo, organizado un ano máis polo club Mace Sport

XX Torneo Cidade de Pontevedra de Taekwondo
XX Torneo Cidade de Pontevedra de Taekwondo / Diego Torrado

É unha das citas máis importantes do calendario autonómico e volveuno a demostrar.

O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Takwondo reúne durante o fin de semana a máis dun milleiro de deportistas no Pavillón Municipal dos Deportes, na busca de importantes puntos para progresar no ránking nacional.

No medio dun gran ambiente, con ata 70 clubs inscritos, a actividade foi frenética desde primeira hora do sábado coas categorías inferiores na modalidade de combate.

Para este domingo reservábase a competición senior de combate e tamén as de técnica, freestyle e exhibición.