Ambiente festivo na quinta edición do Pontexadrez

Pontevedra
22 de setembro 2014

A Praza da Ferrería acolleu un torneo con gran participación que se adxudicou, en categoría absoluta, Julio Suárez, do Club Xadrez Fontecarmoa

V Pontexadrez na Praza da Ferrería
V Pontexadrez na Praza da Ferrería / Diego Torrado

O bo ambiente foi o verdadeiro vencedor da fin de semana na quinta edición do torneo Pontexadrez, organizado pola Escola Xadrez Pontevedra.

A competición ao aire libre reuniu un bo número de xogadores baixo a carpa instalada na Praza da Ferrería, escenario tamén do Xadrez na Rúa do pasado venres.

En canto aos gañadores do torneo, o vencedor en categoría absoluta fua o mestre do Club Xadrez Fontecarmoa Julio Suárez, mentres Alberto Portela gañou na categoría sub-16, Pablo Vidal na sub-14, Alfonso López na sub-12, Andrés Rodríguez en sub-10 e Martín Martínez en sub-8.

A xornada serviu ademais para recadar alimentos non perecedoiros que foron entregados ao Comedor Social de San Francisco.