O Arosa SC xa coñece que camiño lle agarda no seu regreso á Segunda RFEF.
A Real Federación Española de Fútlbol deu a coñecer a última hora do martes o calendario de competición das súas principais categorías, e entre elas a Segunda RFEF na que militará o conxunto arlequinado.
Os de Vilagarcía retornan ao cuarta chanzo do fútbol nacional, que arrincará a fin de semana do 6 de setembro.
Para o Arosa farao cunha estrea a domicilio e lonxe, no País Vasco, tendo que visitar o Amorebieta.
Unha semana despois, o primeiro encontro na Lomba será fronte á SD Gernika.
O equipo adestrado por Gonza debutará fóra da casa e tamén xogará a última xornada de liga como visitante, nesa ocasión (9 de maio) no feudo do Real Oviedo Vetusta.
Cabe destacar que o calendario da tempada será asimétrico, polo que non se repetirá a mesma orde dos duelos na primeira e a segunda volta,
O calendario completo de competición do Grupo I de Segunda RFEF pode consultarse na páxina web da Federación.
📅 Temos calendario… asimétrico!
— Arosa SC (@ArosaSCOficial) June 30, 2026
🥲 Comezamos fóra e rematamos fóra
❤️ 34 xornadas para loitar, sufrir e desfrutar XUNTOS!#SempreArosa #ArosaSC pic.twitter.com/aHo2dIV8aT