O Arosa SC inicia a semana con renovación.
O club arlequinado confirmou este luns o acordo alcanzado con Samu Santos para que continúe unha campaña máis na Lomba.
O central redondelano afrontará desta forma o seu terceiro ano no Arosa, tras ser peza importante no ascenso a Segunda RFEF participando en 34 partidos de liga e achegando dous goles.
"Son moi feliz aquí. Encántame o ambiente no campo e na vila, aquí respírase fútbol", afirmou Samu tras confirmarse a súa renovación mostrando as súas ganas de continuar "con este club e con esta afección".
Ademais co salto de categoría "vai ser un ano ilusionante", asegura sobre o que lle espera ao Arosa na Segunda RFEF.
O defensor é o terceiro futbolista confirmado no plantel que dirixirá un ano máis desde o banco Gonza.
Súmase desta forma a unha lista na que xa figuraban o gardameta Chema e o centrocampista Antón Concheiro.