O Arosa blinda a Antón Concheiro para o seu novo proxecto en 2ªRFEF

O Salnés
26 de xuño 2026

O xogador de Oleiros disputará a súa cuarta tempada na Lomba tras superar os cen partidos como xogador arlequinado na pasada campaña

Antón Concheiro, xogador do Arosa
Antón Concheiro, xogador do Arosa / Arosa SC

Tras as renovacións de Gonza Fernández no banco e de Chema na portaría chega a doutro dos alicerces do conxunto vilagarcián: O mediocentro Antón Concheiro.

O de Oleiros foi unha das pezas crave no ascenso do Arosa a Segunda Federación nunha tempada na que, ademais, superou os 100 partidos coa camiseta arlequinada.

Concheiro, que anotou cinco goles en 37 partidos na pasada campaña, espera un ano duro pero exixente na cuarta categoría do fútbol español.

Afirmou nas súas declaracións que non ten dúbidas de que "o equipo e o corpo técnico estarán á altura. Estamos máis que preparados".

Doutra banda, o mediocentro de Oleiros confesou que un dos seus obxectivos cando chegou ao club era axudar o equipo a ascender de categoría.

"Agora é un reto importante a nivel persoal e máis aínda si cabe polo sentimento que teño cara ao club", confesou Concheiro.

O xogador, que goza do período vacacional tras completar unha exitosa tempada, admite que "sempre hai ganas de xogar ao fútbol. Bótase de menos".

Este movemento supón a renovación doutra peza fundamental da columna vertebral do Arosa, que avanza na confección do plantel de cara á próxima campaña.