Amorebieta fóra da casa, primeiro rival para o Arosa na súa volta a Segunda RFEF

O Salnés
01 de xullo 2026

O conxunto arlequinado xa coñece que camiño lle agarda a próxima tempada no Grupo I de Segunda RFEF tras o sorteo do calendario de competición

O Arosa SC celebra o ascenso Arosa SC

O Arosa SC xa coñece que camiño lle agarda no seu regreso á Segunda RFEF.

A Real Federación Española de Fútlbol deu a coñecer a última hora do martes o calendario de competición das súas principais categorías, e entre elas a Segunda RFEF na que militará o conxunto arlequinado.

Os de Vilagarcía retornan ao cuarta chanzo do fútbol nacional, que arrincará a fin de semana do 6 de setembro.

Para o Arosa farao cunha estrea a domicilio e lonxe, no País Vasco, tendo que visitar o Amorebieta.

Unha semana despois, o primeiro encontro na Lomba será fronte á SD Gernika.

O equipo adestrado por Gonza debutará fóra da casa e tamén xogará a última xornada de liga como visitante, nesa ocasión (9 de maio) no feudo do Real Oviedo Vetusta.

Cabe destacar que o calendario da tempada será asimétrico, polo que non se repetirá a mesma orde dos duelos na primeira e a segunda volta,

O calendario completo de competición do Grupo I de Segunda RFEF pode consultarse na páxina web da Federación.