Ampla presenza pontevedresa no Mundial Sprint de Piragüismo en Milán

Pontevedra
19 de agosto 2025

A canle de Idroscalo, en Milán, acolle desde este mércores 20 de agosto o Campionato do Mundo de Piragüismo en Sprint e Paracanoe

Pablo Crespo, no Campionato do Mundo de Sprint Júnior e Sub23
Pablo Crespo, no Campionato do Mundo de Sprint Júnior e Sub23 / Federación Española de Piragüismo

O piragüismo pontevedrés afronta a competición máis importante da tempada.

Este mércores 20 de agosto arrinca na canle de Idroscalo, en Milán, o Campionato do Mundo Sprint e Paracanoe, unha cita na que haberá unha ampla representación da armada local.

A canoa centrará gran parte da atención.

Manuel Fontán (O Muiño de Ribadumia) competirá no C1 500, o olímpico e subcampión mundial sub23 Pablo Crespo (E.P. Ciudad de Pontevedra) participará con expectativas no C1 1.000; e Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra) tras as súas medallas no mundial de maratón afrontará a proba longa do C1 5.000.

O bronce olímpico Diego Domínguez (Breogán do Grove) fará parella de novo con Joan Antoni Moreno no C2 500, e o C4 500 contará con con Martín Jácome (E.P. Ciudad de Pontevedra), Manuel Fontán (O Muíño) e Adrián Sieiro (O Muiño) completando o equipo Daniel Grijalba.

Na canoa feminina Claudia Couto (EP Ciudad de Pontevedra) terá dobre presenza co C2 200 xunto a Elena Gómez-Millán e o C4 500 que compartirá con Valeria Oliveira (Piragüismo Poio Pescamar) e tamén con María Corbera e Ana Cantero.

Moitos nomes e un obxectivo común, brillar no evento de maior nivel dunha tempada na que arrinca un novo ciclo olímpico.

O Mundial de piragüismo de Milán disputarase até o vindeiro domingo 24 de agosto.