Ana Román incorpórase a un Arxil que regresa de Portugal cun triunfo e unha derrota

Pontevedra
15 de setembro 2014

O conxunto verde perdeu ante o Vagos e gañou ao Olivais no dobre enfrontamento luso do fin de semana. A presentación do equipo ante a súa afección, o sábado 27 ante o Bembivre

Equipo do Arxil na xira portuguesa
Equipo do Arxil na xira portuguesa / CB Arxil

Cara e cruz para o Arxil na seu mini-xira portugesa realizada durante a fin de semana para continuar a preparación da nova tempada.

O conxunto verde, xa con Diarra integrada no equipo, caeu nun apertado encontro ante o Vagos (70-68) pero impúxose con claridade ao Olivais en Coimbra (49-34).

A pretempada continúa para as pontevedresas, que o próximo sábado visitarán o Universitario de Ferrol. Ademais fixouse a data da presentación oficial ante a afección lerezana. Será o sábado 27 de setembro ás 19:30 horas cun partido ante o Bembivre de Liga Feminina 1 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

As demais datas confirmadas durante a pretempada son os partidos de Copa Galicia ante o Cortegada (2 de outubro) e Universitario de Ferrol (4 de outubro).

Por outra parte este luns incorpórase aos adestramentos a última fichaxe do Arxil, Ana Román, completando un plantel que se dá por pechado.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora