O Club Cisne Balonmán continúa coas renovacións dos xogadores cos que contará para a próxima tempada na que competirá na liga Asobal.
Tras a renovación do canteirán Mateo Arias, o conxunto branco anunciou que o central hispano-portugués André de Moura seguirá ligado á entidade unha tempada máis.
"Estou moi contento de poder anunciar a miña renovación co Cisne un ano máis. Gustaríame agradecer a toda a directiva por confiar na miña por esta nova tempada e tamén pedir á afección que veña a seguir apoiándonos este ano", declarou o xogador de 19 anos.
RENOVACIÓN | Damos la bienvenida al fin de semana con una nueva renovación, la del central hispano-portugués Andre de Moura de 19 años, quien también formará parte del nuevo equipo de @ASOBAL ¡Encantados de seguir contando contigo Andre! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/BBBGx5MIw2
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 10, 2022
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.