Andrea González consegue o subcampionato de España de lanzamento de xavelina

Pontevedra
28 de febreiro 2017

A atleta junior do club pontevedrés logrou a medalla de prata no Campionato de España de Lanzamentos Longos para categorías inferiores celebrado en León

Andra González (esquerda) no podio do Nacional de Lanzamentos Longos
Andra González (esquerda) no podio do Nacional de Lanzamentos Longos

Grandes noticias para a Sociedad Gimnástica no Campionato de España de Lanzamentos Longos para as categorías inferiores disputado en León.

Na localidade castelá Andrea González colgou a medalla de prata na categoría junior de xavelina, cun lanzamento de 38,60 metros que quedou a poucos centímetros da súa mellor marca persoal. Foi segunda a pesar de que unha pequena lesión permitiulle mellorar o seu rexistro.

Foi destacada tamén a actuación de Claudia Puig na mesma proba, ao ser cuarta con 36,32 metros, quedándose a só 30 centímetros do terceiro posto.

Pola súa banda noutro Campionato de España, o de cros celebrado en Oropesa do Mar, os atletas junior da Gimnástica concluíron nunha meritoria décima posición por equipos tras lograr 253 puntos, grazas ao vixésimo posto de Alfredo González, o 56 de Fernando Rial, o 78 de Jesús Álvarez e o 99 de Brais González. Pola súa banda o equipo promesa composto por Adrián Lago, Abdessamad Mlibda, Paulo Villegas, Jorge Cortés e Lois Mariño clasificou na undécima posición con 249 puntos.