Ángel Iglesias e o Cisne separan os seus camiños

Pontevedra
10 de agosto 2021

O extremo abandona a disciplina branca despois de media tempada na que contribuíu á loita por unha permanencia en Asobal que finalmente o equipo non puido conseguir

Ángel Iglesias, no partido de liga Asobal entre o Cisne e Logroño no Pavillón Municipal
Ángel Iglesias, no partido de liga Asobal entre o Cisne e Logroño no Pavillón Municipal /

O Cisne fai oficial a marcha do extremo Ángel Iglesias, que non defenderá a camiseta branca o próximo curso no regreso dos pontevedreses á División de Honra Prata.

Cunha mensaxe en redes sociais, o club despediuse dun xogador que chegou ao Cisne no ecuador da pasada campaña procedente do Teucro co obxectivo de contribuír á loita por unha permanencia en Asobal que finalmente non puideron lograr. 

"Agradecemos o seu compromiso cara ao noso Club e desexámoslle a mellor das sortes para o futuro.Grazas Anxo e xa sabes que aquí tes unha casa!", compartiron en Twitter.