Daniel Virulegio, un dos protagonistas da xesta histórica do Club Cisne Balonmán na súa proclamación como campión de España xuvenil, renovou co club pontevedrés.
O pivote, que actualmente se atopa concentrado cos Hispanos Xuvenís en Croacia, xogará un ano máis coa camiseta branca. O xogador confesou a través das redes sociais do club o seu desexo de "que sea un año lleno de éxitos y de alegría" e de ver á afección "en el Pabellón Municipal de Pontevedra dándolo todo".
RENOVACIÓN | Arrancamos el sábado con excelentes noticias...El pivote @VirulegioDaniel, que actualmente está disputando con los #HispanosJuveniles el @EHFEURO, también renueva ¡Grande Viru! #SomosCisne #OrgullososdoNoso #EseViru #Pontevedraesbalonmano pic.twitter.com/estdXOxQMR
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) August 14, 2021
Con tan só 17 anos, Daniel Virulegio está a ser unha das grandes promesas do balonmán nacional tanto co Cisne como co combinado nacional, como demostra a súa convocatoria coa Selección Española Xuvenil que dirixe o seu adestrador en Pontevedra, Jabato.
Virulegio atópase estes días concentrado en Croacia cos seus compañeiros de equipo, o gardameta Pablo González e o extremo Carlos Álvarez, onde están a disputar o Campionato de Europa Xuvenil de balonmán.