Catro cisneístas, medalla de bronce no Europeo Xuvenil de Balonmán

Pontevedra
22 de agosto 2021

O Club Cisne Balonmán segue sumando alegrías cos seus xuvenís. Fixeron historia ao coroarse como campións de España derrotando ao "todopoderoso" FC Barcelona, e agora, as novas promesas Carlos Álvarez, Daniel Virulegio e Pablo González, citados polo seu adestrador no club branco e tamén seleccionador nacional, Javier Fernández (Jabato), colgáronse a medalla de bronce ao superar a Eslovenia no Campionato de Europa para menores de 19 anos que se celebrou en Croacia desde o 12 de agosto

Catro cisneístas gañan a medalla de bronce no Europeo xuvenil coa Selección Española
Catro cisneístas gañan a medalla de bronce no Europeo xuvenil coa Selección Española / Home oh Handball

O Club Cisne Balonmán segue sumando alegrías cos seus xuvenís. Fixeron historia ao coroarse como campións de España derrotando ao "todopoderoso" FC Barcelona, e agora, as novas promesas Carlos Álvarez, Daniel Virulegio e Pablo González, citados polo seu adestrador no club branco e tamén seleccionador nacional, Javier Fernández (Jabato), colgáronse a medalla de bronce ao superar a Eslovenia no Campionato de Europa para menores de 19 anos que se celebrou en Croacia desde o 12 de agosto.

O papel do combinado español na competición foi máis que sobresaliente. Gañaron todos os partidos salvo o de semifinais, no que Alemaña, que acabara en primeira posición do outro grupo, superounos pola mínima (31-30).

Pero antes diso non perderan ningún partido. Chegaban invictos a semifinais despois de superar con claridade a Islandia (32-25), empataron contra Suecia (23-23) na rolda preliminar e gañaron a Hungría (27-29) e a Israel (34-23). Ademais, na primeira xornada da fase de grupos empataron con Eslovenia (37-37), rival dos Hispanos xuvenís este domingo, ao que venceron por 28-37 para converterse na terceira mellor selección de Europa de balonmán.

Os primeiros minutos foron dun intercambio continuo de golpes no que a precipitación nos lanzamentos e as aparicións dos gardametas foron, sen dúbida, protagonistas.

España foi en todo momento por diante no marcador pero sen lograr escaparse con claridade. Polo menos así foi ata o minuto 20, cando chegaron os mellores minutos dos pupilos de Jabato, que meteron unha marcha máis para irse con catro goles de diferenza ao descanso (13:17).

A segunda metade foi un claro reflexo do que foi o final do primeiro acto. Os españois gustábanse e gozaban do seu xogo, aproveitando os erros dunha Eslovenia que foi perdendo forzas co paso dos minutos e deuse por vencida.

Finalmente, os Hispanos juvenís endosaron un contundente 28-37 que lles serviu para levar unha medalla de bronce histórica e máis que merecida.