Ángel Vargas bate o récord galego pero queda fóra da final no Nacional xuvenil

Pontevedra
15 de marzo 2015

O atleta pontevedrés logrou o oitavo mellor rexistro nos 400 metros lisos

Ángel Vargas co seu adestrador Julio Ventín Sociedad Gimnástica

Positiva actuación do pontevedrés Ángel Vargas no Campionato de España Xuvenil de Atletismo en Pista Cuberta.

O atleta da Gimnástica bateu en San Sebastián o récord galego baixo teito na proba dos 400 metros lisos, cun tempo de 50 segundos e 98 centésimas.

Sen embargo Vargas non logrou meterse na final ao ser oitavo nas semifinais.

O deportistas pontevedrés quedouse preto de estar entre os seis finalistas mellorando a súa mellor marca na competición máis importante da súa tempada invernal.