Broche de ouro á tempada de Ángela Balado.
A xoven deportista do Mat's de Marín proclamouse este sábado campioa de Europa de taekwondo no Europeo cadete celebrado en Atenas.
Balado, que xa colgou o bronce no Mundial do pasado mes de maio, subiu esta vez todo o máis alto do podio.
Fíxoo tras superar catro duros e complicados combates, con momentos moi complicados e de desvantaxe no marcador.
Así pasou de feito nas dúas primeiras roldas e na semifinal. Con combates de moita mobilidade, a alemá Prashant, a grega Konstantinidou e a francesa Bagadi foron superiores nos primeiros asaltos de cada enfrontamento.
Con todo sen perder a calma e a concentrración, a taekwondista marinense foi capaz de repoñerse de cada situación para remontar.
En canto á final da súa categoría (+59 quilos), a rival foi a turca Eylul Duru Varlik nun combate tremendamente axustado no que gañou por rexistros o primeiro asalto (3-3) e repetiu no segundo por un só punto (4-3).
A medalla de ouro de Ángela Balado empuxou ademais a España á segunda posición por equipos na categoría feminina.
A participación pontevedresa no Europeo Cadete de Taekwondo completouna Nicolás Casas (-49 quilos, Mace Sport), vencendo o seu primeiro combate contra o comezou ou francés Lonys Lemouddda por 2 asaltos a 1 e cedendo no segunda fronte ao búlgaro Viktor Vangelov.