Dobre incorporación nas filas dun Marín Futsal que continúa coa posta a punto para a próxima tempada en Segunda División despois de anunciar os seus primeiros movementos hai apenas unha semana.
As novidades máis recentes pasan polas incorporacións de Anita González e Aitana Mesías, dous xogadoras novas e con proxección dentro do fútbol sala nacional.
En canto á fichaxe de Anita, a xogadora chega procedente do Leis Pontevedra co que anotou 20 goles en Preferente. A súa faceta goleadora non pasou desapercibida para un cadro marinense que se fai cos seus servizos de cara ao próximo curso.
En canto á súa posición na pista, Anita pode xogar tanto de ala como de peche. Esta será a súa primeira tempada en categoría nacional, un premio que responde ao seu gran rendemento ao longo dos últimos anos.
🩵𝔽𝕀ℂℍ𝔸𝕁𝔼🤍
— Marín Futsal (
𝘼𝙣𝙞𝙩𝙖 𝙂𝙤𝙣𝙯á𝙡𝙚𝙯
Damos a benvida a unha xogadora nova, cunha enorme proxección e un futuro moi prometedor. A súa ilusión, ganas de seguir crecendo e ambición encaixan á perfección cos valores do noso club
Benvida á familia! 💙🤍 pic.twitter.com/zdIoIKxT92marin_futsal) July 17, 2026
Doutra banda está Aitana Mesías, que volve ao club no que se formou en categorías inferiores antes de pór rumbo ao filial do Ourense Ontime co que xa xogou en Segunda División.
Aitana foi parte do equipo cadete do Marín que chegou á fase final do Campionato de España na tempada 23/24 e que posteriormente, na 24/25, alzouse como campión galego.
Tras enfrontarse ao conxunto dirixido por Raúl Jímenez na pasada campaña, a xogadora regresa ao pavillón da Raña para reencontrarse con algunhas excompañeras como a gardameta Maialen ou con Pili Viñas.
Faio para reforzar a posición de ala no primeiro plantel a pesar de estar aínda en idade de xuvenil.
Lucía Rivas, renovada
Outra das últimas novidades no cadro marinense é a renovación da xogadora Lucía Rivas, que chegou ao club o pasado verán para reforzar a posición de ala.
Tras disputar unha primeira tempada na Raña na que anotou dous goles en once partidos, a ex do Viaxes Amarelles continuará achegando a súa velocidade por banda durante unha campaña máis.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.