Era un segredo a voces pero agora xa se fixo oficial. Raúl Jiménez estenderá unha tempada máis a súa segunda etapa á fronte do Marín Futsal.
O técnico granadino, fincado en Pontevedra desde hai anos, seguirá sendo o adestrador do primeiro equipo, que volverá militar na Segunda División.
Farao, con todo, sen a súa man dereita. O seu segundo adestrador, Carlos Simoes, converteuse no novo preparador do Estrela Futsal Cortegada.
Jiménez, que chegou a Marín na campaña 2020-2021, viviu a etapa do equipo na máxima categoría do fútbol sala nacional, deixándoo no ano 2022.
A súa segunda estancia na Raña comezou a pasada campaña e, desde entón, o seu balance foi de 25 vitorias, cinco empates e seis derrotas en 36 partidos oficiais.
Nesta segunda etapa levou ao equipo ás portas do regreso a Primeira División.
En total, facendo balance das súas dúas campañas no club, está a dez partidos do número 100, que cumprirá na próxima campaña.
É o adestrador con máis partidos no Marín Futsal, superando ao vigués Ramiro López Díaz, que quedou en 69.