Anna Beatriz Máximo, novo reforzo brasileiro para o Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
18 de marzo 2026
Actualizado: 10:39

Do mesmo xeito que Dandara Sampaio, chega ao equipo da Boa Vila procedente do SESI SP de Sao Paulo. Xa debutou na última xornada de liga

Anna Beatriz Máximo, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra
Anna Beatriz Máximo, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra quere poñer todo da súa parte para dar batalla na fase de ascenso a División de Honra.

Para iso anunciou unha nova incorporación ás súas filas.

Trátase de Anna Beatriz Máximo, xogadora brasileira de 18 anos á que recruta "para achegar goles", afirma o club.

Non en balde Anna Beatriz, internacional polo seu país, presume de ser a máxima realizadora da liga brasileira.

Procede, do mesmo xeito que Dandara Sampaio, do SESI SP de Sao Paulo.

Ambas as dúas debutaron xa na recente xornada de liga de Primeira Nacional fronte ao CN Barcelona, con derrota por 18-10 nun duelo marcado pola baixa de última hora da gardameta Lola debido a unha apendicite.

Nese partido, a pesar da falta de adaptación, Anna Beatriz Máximo anotou xa as súas dous primeiros tantos co Waterpolo Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora