A primeira medalla galega no Campionato de España Absoluto de Atletismo que se celebra en Torrent, Valencia, é pontevedresa.
Antía Chamosa brillou na proba dos 10.000 metros marcha celebrada á primeira hora deste sábado para levar unha máis que meritoria medalla de prata e proclamarse subcampioa nacional.
A atleta da Sociedad Gimnástica só foi superada pola plusmarquista mundial de 35 quilómetros, María Pérez.
De feito Antía esqueceuse da gran favorita, que marchou en solitario moi pronto, centrouse en ser a mellor do grupo perseguidor, ao que deixou atrás nun espectacular final de carreira.
Ao final en meta Chamosa marcou un tempo de 45:39.65, a súa mellor marca da tempada, avantaxando en máis de 20 segundos á deportista que foi bronce, Lidis Sánchez-Puebla (46:01.92). O ouro xa tiña en María Pérez á súa dona, grazas a un brutal tempo de 45:02.15.
Podio 10.000 m marcha #CEatletismo
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 29, 2023
@garciaperezmari 45:02.15
@antiachamosa22 45:39.65
@Lidiyou 46:01.92
ENHORABUENA
https://t.co/oAIexVNbMn
(concursos multiview) https://t.co/vUBMlZTTFv
https://t.co/cI8VnSBkCh pic.twitter.com/np2n2DOWwG