Antía Chamosa, bronce mundialista por equipos nos 20 quilómetros marcha

Pontevedra
21 de abril 2024

A deportista pontevedresa compartiu formación con Lidia Sánchez-Puebla, Paula Juárez e Lucía Redondo, realizando unha gran exhibición que valeu o terceiro posto mundialista

Antía Chamosa, co equipo feminino de marcha
Antía Chamosa, co equipo feminino de marcha / Real Federación Española de Atletismo

Antía Chamosa continúa demostrando semana tras semana que non ten teito e proba diso son os resultados que está a lograr alá por onde vai.

O último deles foi bronce logrado este domingo co equipo nacional feminino nos 20 quilómetros Campionato do Mundo de Marcha que se celebra na cidade turca de Antalya. Alí, a deportista pontevedresa compartiu formación con Lidia Sánchez-Puebla, Paula Juárez e Lucía Redondo, realizando unha gran exhibición que valeu o terceiro posto mundialista.

A primeira española en cruzar a liña de meta foi Sánchez-Puebla, oitava cun tempo de 1:30:24. Antía foi novena con 1:30:32, pulverizando ademais o récord galego; Juárez chegou no posto 14 con 1:31:56 e Redondo, 21 con 1:33:03.

A atleta da Ximnástica recoñeceu ao finalizar a proba que "non foi fácil, facía moita calor, pero sentímonos moi animadas por todo o equipo". Está "moi contenta" tamén por mellorar a súa marca persoal e, sobre todo, por quedar "terceiras do mundo". Todo un logro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora