O que está a facer Antía Chamosa este ano non ten cualificativo. A marchadora da Gimnástica segue batendo récords alá por onde vai, superándose a si mesma en cada competición e logrando resultados históricos tanto nacionais como europeos.
O último foi no Campionato de España sub23 celebrado na cidade malagueña de Nerja, onde Chamosa logrou o primeiro posto nos 10.000 metros marcha superando con claridade aos seus rivais.
Cun tempo de 46:07.04, Antía Chamosa pulverizó a súa mellor marca persoal para conseguir a medalla de ouro este sábado. Ademais, é a terceira mellor marca europea sub23 do ano, o que lle permite converterse na líder española da tempada.
O podio do campionato nacional completárono as atletas de L'Hospitalet, Mireia Urrutia, que chegou á meta en 47:44.27, e Gemma Moura, que foi terceira cun tempo de 48:53.90.